Manuel Barreiro Rozados
Graduado en Comunicación Audiovisual, ten unha ampla carreira no eido cultural. Gañou tres veces o Premio María Luz Morales de Ensaio sobre o Audiovisual da Academia Galega do Audiovisual (2021, 2022 e 2024). Foi cocreador, director e guionista do programa de radio Metrópoles Delirantes (Premio Ourense de BD en 2015 polo seu labor divulgativo) e dirixiu varias curtametraxes. Na actualidade escribe unha columna mensual sobre cómic para o xornal Nós Diario. No ámbito do fanzine, participou en publicacións como Arròs Negre (Premio ao mellor fanzine no Salón do Cómic de Barcelona en 2014), Finnegans ou Funzine, e é membro da Asociación de Críticos e Divulgadores de Cómic (ACDCómic). Forma parte tamén do colectivo fundador e organizador das xornadas de autoedición de Santiago de Compostela, FunFunFun, e colaborou en diferentes eventos de fanzines como Autobán (A Coruña), No Tengo Mamá (Vigo) e AuOu (Ourense). Maré é a súa obra máis recente, debuxada por Elías Taño, coa que gañou o Premio Castelao de Banda Deseñada 2025.