Elías Oliver Taño
Desenvolveu unha ampla carreira como ilustrador, debuxante de banda deseñada e muralista, ligado ao compromiso social. Director de Arròs Negre (Premio ao mellor fanzine no Salón do Cómic de Barcelona en 2014), participou en distintas publicacións colectivas como Tumba Swing, Auto Bulling, Las lámparas llegaron sin novedad o Genozidiorik ez!! No apartado de premios, foi recoñecido co Premio Injuve de Cómic en 2012, Premio Internacional de Novela Gráfica de La Pobla de Farnals por Garafía e, xunto ao guionista Manuel Barreiro, Premio Castelao de Banda Deseñada 2025 por Maré.